Semana Santa en Santiago: paixón e moito máis...



A Semana Santa compostelá luce como poucas no marco excepcional que son as rúas e prazas desta Cidade Patrimonio da Humanidade. Pero a Semana Santa en Santiago é moito máis que as tradicionais procesións e actos litúrxicos...


Durante eses días Santiago ofrece un completo programa cultural, que inclúe exposicións, destacando as de temática relixiosa, concertos dunha ampla variedade musical, dende a época medieval ata o Barroco, pasando polo Romanticismo ou o século XX, e unha chea de eventos para todos os gustos e todos os petos. 

Para os visitantes, a Santiago de Compostela dispón ademais de variadas visitas e excursións turísticas para ‘apaixonarse’ pola cidade.