1972: "Flor de santidad" de Adolfo Marsillach



  • País: España
  • Año: 1972
  • Sinopsis: A mediados do século pasado, unha Galicia empobrecida e famenta ve agravada a súa xa penosa existencia polos avatares da guerra carlista. Neste ambiente desolado e áspero, Adega, unha pastora moza, dá acubillo nunha mísera corte a un peregrino que todos rexeitan. Uns ritos místicos fanlle crer á mociña que está fronte a un ser divino. A superstición e o fanatismo inducen aos aldeáns a ver nel un ser diabólico e danlle sanguinaria morte. Adega cúlpaos de terlle quitado a vida ao enviado de Deus e anúncialles que espera un fillo seu. As xentes cren nas súas palabras e empezan a venerala como “A Santiña”. Os partidarios carlistas sérvense de Adega para apoiar a súa causa. Mais as vicisitudes da guerra e o temor supersticioso, convértena, de improviso, en inimiga para xulgala por herética, condenándoa á Noite das Endemoñadas. Entre exorcismos e ritos pagáns, mergúllana con outras desgrazadas no mar aberto. Pero as redes de pesca regresan cun burato. Unha das endemoñadas non aparece. De madrugada, unhas mulleres buscan a Adega pola praia deserta. Non hai rastro. Un cego avanza sobre a area entoando unha alegre ladaíña. Conta a lenda dunha mociña que espera un fillo de Deus. Só a lenda queda agora.