O Camiño de Santiago é un camiño de fe


"O Camiño de Santiago é un camiño de fe. É unha viaxe inte­rior e tamén un camiño físico. É un camiño histórico. Quedan as pegadas das persoas que pasaron por alí, históricas. É un camiño espacial, cunha cantidade de pegadas impresionante, que están aí, e tócalas e percíbelas, queiras ou non. É un camiño paisaxístico único, un camiño artís­tico, mesmo para xente que non o fai dende a fe, aínda que a arte sexa expresión da fe, a maioría da arte que atopamos no camiño. É un camiño social. O que si é unha experiencia común é que o Camiño cambia, como pode cambiar outro tipo de experiencias de retiro, de soidade ou de experiencia espiritual, aínda que cambie dun xeito distinto a como cambian estas experiencias".

Mario Vázquez Carballo