El Camino de Santiago está repleto de leyendas y romances que cuentan las aventuras y desventuras de los peregrinos. Aquí presentamos un ejemplo de uno de los más famosos romances del Camino, el de Don Gaiferos de Mormaltán, un viejo peregrino que pese a su avanzada edad realizó este Camino y cumplió el sueño de llegar a los pies del Apóstol.
"Onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.
Onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
Eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.
Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:
Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.
E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.
Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai"
Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai"